asociación inicio
asociación novas
asociación asociación
asociación embarcacións
asociación actividades
asociación o cabeso
asociación álbume de fotos
asociación videos
asociación ligazóns
asociación libro de visitas

O PLATUXA...

Nunha escura tarde do mes de Decembro, lendo o listado de embarcacións pendentes de desguace publicada pola Colnsellería de Pesca da Xunta de Galicia, atopámonos co nome PLATUXA con base en Portonovo. Ahí comezou a salvación desta lancha a motor de 1975. Logo de moitos trámites burocráticos e xa cando parece que o desguace ía ser inminente, a Consellería concedeunos a titularidade do barco.

Hoxe en día o Platuxa sigue fondeado no porto de Portonovo coma anos atrás pero sen actividade algunha, xa que tra-la concesión da titularidade xurdiu un novo problema, asignarlle un folio definitivo nunha lista que nos permita usar o barco para fins culturais.

A Asociación segue facéndose cargo del -coma non podía ser doutra forma- navegando de vez en cando e procurándolle o mellor mantemento sempre que a nosa economía o permita, e esperando unha boa resolución da Capitanía Marítima para poder velo navegar legalmente.

 

>visitar álbume de fotos

 

DATOS TÉCNICOS
NOME FOLIO ANO DE CONSTRUCCIÓN
PLATUXA 5ª VI-1-2-03 1976
MATERIAL DO CASCO ASTELEIRO
 MADEIRA FREIXO - NOIA
ESLORA MANGA PUNTAL ARQUEO MOTOR POTENCIA
11.40 3.50 1.25 7,88 GT BARREIROS  160 CV

 


© AMIGOS DA DORNA DE PORTONOVO
amigosdadorna@hotmail.com
Rúa Ramón Valenzuela nº 6
36970 Portonovo - PO