O CABESO é o voceiro da Asociación de Amigos da Dorna de Portonovo. Naceu coa publicación do número 0 no ano 1999, e a finais do ano 2010 publicouse o número IX, último ata a data.
A misión deste voceiro ven sendo complementar a nosa actividade de divulgación, xa que é un bo medio de dar a coñecer os eventos onde participamos, escritos, novas, anuncios, e unha serie de cousas relacionadas coa Asociación.
As edicións do Cabeso, anque non son periódicas, tenden a selo de algunha maneira, coincidindo con eventos mais que con datas fixas, por exemplo, estes últimos anos tratábase de editar un número coincidindo coa cerebración da Festa da Raia, onde contábamos cunha departamento pra amosar os nosos proxectos e repartir ditos Cabesos. Coma se indicou anteriromente, o último número data de Decembro do ano 2010, coincidindo coa cerebración da tradicional cea da Asociación, facendo un repaso ás actividades realizadas pola Asociación, a participación no en regatas e concentracións, tocando o presente e mail futuro da nosa Asociación e anunciando a cesión do Platuxa para garantir o seu futuro e mailo da Asociación..
Podedes descargar os diferentes números do Cabeso en formato .pdf pinchando enriba deles.