asociación inicio
asociación novas
asociación asociación
asociación embarcacións
asociación actividades
asociación o cabeso
asociación álbume de fotos
asociación videos
asociación ligazóns
asociación libro de visitas
asociación calendario 2010

Novo número do Cabeso...
28/12/2009

Seguindo o mesmo rumbo que nestes últimos anos, editamos un novo número do Cabeso, o noso Voceiro mais tradicional, coincidindo coa nosa Asamblea Xeral de Socios do 28 de Decembro. Pódese adquirir en calqueira dos locais que patrocinaron a súa impresión ou contactando con algún membro da Xunta Directiva. E como non, se non podes agardar a conseguilo en papel, pódese descargar directamente da nosa web pinchando aquí.

Neste novo número, coma de costume, pasamos revista ás nosas actividades no 2009: organización do Enterro da Sardiña, participación na Festa da Raia, organización da II Regata do Sepelo, participación en concentracións de embarcacións tradicionais e no IX Encontro, e participación nas regatas de dornas.
Como nova de importancia, informamos tamén das negociacións con Portos de Galicia para lograr a concesión do "Local da Antiga Bomba do Gasoil" para sede da nosa Asociación.

___________________________________________________________________________________

 


Crónica do XIII Encontro de Embarcacións Tradicionais de Bueu...
25/11/09

A finais do pasado mes de Agosto, os Amigos da Dorna de Portonovo puxemos proa cara a outra banda da ría pra participar nos XIII Encontros de Embarcacións Tradicionais de Bueu. O compañeiro No-Lo, socio natural de San Vicente do Grobe, narra o acontecido con todo luxo de detalle.

A batalla de Bueu empezou como todas as boas batallas no muelle de Portonovo. A cuadrilla dos Amigos da Dorna de Portonovo, tivo que facer frente a un primeiro frente de batalla cando o noso amigo ¨Gaspar¨ o ¨asassino¨ lle rompeu o remo de babor á Jatiña, para impedir que as tropas fosen na conquista de Bueu. Pero os nosos arriscados mariñeiros, non se derribaron e continuaron polo camiño da victoria, con dous frente:
O primeiro, no Platuxa, capitaneado polo 1º Pre-Capitán da Mariña Mercante de Portonovo Damián Aguín -Xanote-, subcomandado polo suboficial de código de colores, Jandro, o noso ben querido xefe de máquinas, Pelouro, e o Almirante Lucho. Non podía faltar unha muller de ben en todo isto, por iso tamén ía Sara pra controlar a situación e manter a calma a bordo en todo momento.
O segundo, na Jatiña, baixo as ordes do Comandante Anxo, o mariñeiro No-Lo facía o que podía, até que se quedaron sin vento, e finalmente tiveron que ser remolcados polo buque guía.

Unha vez en terra probamos os maravillosos manxares que nos ofrecía Bueu, unha comida chea de pulpo (de feito non había mais que pulpo) e unha birra fría que nos animou despois dunha dura travesía. Pola tarde saímos no PLATUXA e na JATIÑA a navegar nunha tarde maravillosa, na que puidemos desfrutar dunha boa navegación polo bo vento reinante, ademáis duns bos baños amarrados a unha batea.
Non a gusto co pulpo que inda daba voltas no estómago, dispuxemonos a asaltar un mercado na busqueda da cena perfecta, na que se aclamou por votación popular maioritaria facer a festa de inaguración Dj Pelouro Platuxa Party (con barra libre). Co exito de tal acontecemento, para afrontar e impedir o acceso de toda persoa non acreditada, crearonse as entradas VIP (persoa moi importante) con dereito a uso das instalacións e barra libre, e dúas entradas VERY-VIP (persoa moi moi importante) con dereito "a todo".
Sería este o punto no cal, o noso compañeiro gran amigo de facer amigos (e non é Pelouro), fixo amizade cunha moza de bo ver, a cal resultaría estar casada cun mozo de bo ver tamén. Sería este o punto na que as vidas dos intrépidos mariñeiros de Portonovo (e San Vicente tamén) se verían cambiadas totalmente para o resto da súa vida. Indo a tomar uns sumitos p´stomajo vimos que no mundo hai moita fame, que os mariñeiros de auga doze non son o que eran, e que as palabra dunha persoa poden ser ata cravos que inxectan un veneno mortal. Chegados a este punto, vímonos na obriga común de escapar, de escondernos, e de atrincherarnos co fin de non resultar feridos polas atrocidades das que fumos víctimas.
E sería aquí cando de casualidade foramos a buscar unha discoteca na cal nos encontramos co TENIENTE CORONEL TELMO, e no cal por desgracia nos vimos no mesmo camiño dunhas mozas atractivas que falaban un pouco raro.
Noites alegres, mañáns tristes, diría o Tenente coronel Telmo. Unha vez realizada con exito a misión establecida un ano antes polo mismo destacamento, os mariñeiros fumos tomar unhas colas a Beluso

No mediodia do domingo o Capitan Ñam levounos triunfal para o porto base, pasando a resarcirse da victoria polas praias de Canelas, Caneliñas e finalmente no muelle de Portonovo.

___________________________________________________________________________________

 

IX Encontro de Embarcacións tradicionais de Galicia... MUROS 2009
30/07/09

Impresionante os Encontros deste ano en Muros. Os Amigos da Dorna de Portonovo comezábamos xa o fin de semana anterior ao inicio do evento, cunha travesía bastante tranquila ata Muros na Jatiña. Para alá partiron Marcos "Parapeta", Rafa e Anxo coas táboas da Jatiña ainda rebendo alquitrán, xa que os días pasados houbera varada. Xa en Muros, esperábanos o compañeiro Xaquín, o responsable de oreganizar o cotarro no mar, e ben que o fixo, porque todo saiu mellor que ben.

Xa o mércores á noitiña, fomos asistindo por bandadas, e con banda sonora de Kortatu, Zé (nova incorporación dende Ogrobe), Ibon (con moitas ganas e recen chegado de Portugal-ETE) e Anxo (dirixindo á expedición). Tamén se achegaron a pasar a primeira noite Luis "Piñeiro" (refuxiado político da Arousa), e Paola (representante da "Rasa Parajuera") chegada dende Ourense. Tamén está en Muros Trepa, choiando no Chasula ás ordes do seu armador Isidro Mariño. Este primeiro comando foi inspeccionando o mar polo día, e a terra pola noite, descubrindo rúas e avanzando sobre o terreo, "catando" tabernas e posibles lugares de ocio...

O xoves comeza oficialmente o Encontro, con bautismo de mar para Zé pola mañán e coa tripulación mais nova de Muros pola tarde, xa que tres mozos de Muros non pararon de insistir ata conseguir sair na Jatiña, pese á nortada que había. E coma non podía faltar, o Maestro Chapela chegou a Muros antes de que caise a noite -hai que ir o primeiro día, que é cando se reparte o peixe- e dende Compostela, chegou Coquí para asistir pola noite ao concerto Rock e primeira "marexada" nocturna salvada con éxito pola nosa tripulación

O venres a cousa foi medrando. Pola mañán regata de vela e remos, onde a Jatiña, anque sin ser oficial o recoñecemento, levou o premio á embarcación mais agresiva en competición. Os chavales de Muros foron os totais artífices de tal distinción. "Motivando" aos remeiros e controlando a situación, actuando de animadores Suso, Zé e Anxo. Pola otra banda do mar na Bicoca, Ibon e Chapela sentíanse tan frecos que deron un par de voltas mais ao circuito, destacando, sobre todo, nos largos a remos, e non pola súa velocidade. Á tarde chegaron Telmo, Pelouro, Lucho e Marcos "Parapeta", cada un o mais notable na súa especialidade, destacando Pelouro pola súa mais que certificada experiencia neste tipo de eventos, e coa mesma puxemos proa a Esteiro co resto da flota. Foron chejando a Jatiña, con invitadas nostálxicas de Brest, Mila e Marta; logo entrou a Coninha, con Telmo e Pelouro en dura puxa con Ibon e Chapela que ían na Bicoca. En porto, recibimento espectacular e festa rachada, repoñer folgos e voltar rumbo a Muros, onde esperaban Xoel, Rafa, Graciela, Totó, Cruz e algún socio mais que non puido chegar antes. Á noite, de novo "verbena" de novo co resto de tripulacións, xa fora en terra ou no mar.

Entramos no sábado con xa un pouco de resaca. O relevo do venres chegou a tempo -a xente que levaba dende oprimeiro día xa se lle ía acabando o jas- polo que as navegacións foron bastantes completas. Uníronse a nos dúas boas mozas de da Vila, Isa e mais Sé, que xa embarcara unha vez na Jatiña en Portonovo.Pola mañá saída á navegar pola abra de Muros, e pola tarde, proa a San Francisco. A Jatiña carjada a plan e a Bicoca maila Coninha en dura competición por aclarar a revancha do día anterior; resultado final -empates a uns-. De volta a Muros, espectacular a entrada a porto con toda a flota practicamente amurada e sin vento. En terra esperaban Carballa e Dani, armadores ambos que se incorporaban no festival á ultima hora.

Domingo, último día e amanece chovendo. Suspéndese toda actividade no mar. Un final triste para o encontro. Muros fai un punto e parte no que son os encontros, xa que moita xente se plantexa o de repetir a próxima edición nesta Vila. A verdade é que foi espectacular ver o pobo, a arquitectura tradicional da ribeira engalanada para a ocasión. Digamos que as embarcacións tradicionais foron complementada, ademais de polas actividades, exposicións e demais temas que sempre se organizan paralelas, pola Vila en si. Polas rúas coas velas secando colgadas dos balcóns, polo secadeiro de congro, polos aparellos, polas carpinteiras, polas tabernas, por todo. Todo perfecto.

Para os Amigos da Dorna o encontro en sí non rematou ahí. Queda a travesía de Muros a Portonovo coa Jatiña. E alá foron Chapela, Turtle, Lucho e Anxo nun dñia que amaneceu con borrasca e chovendo. Non pintaba ben. Coincidiron coa Meca e tiveron que tomar rumbo a Porto do Son, amarrar a porto e replantearse o de seguir, xa que o vento sopraba do suroreste. Alí mirando ao ceo, xurando nas prediccións meteorolóxicas e tomando unhas frescas, decidiron continuar ante o cambio no tempo que parecia que entraba. E sairon. Foron seis horas doblando o cabo de Corrubedo, nunha empopada ben forte, mais polo mar que polo vento, ata pasar Sagres. O saír do abrigo de Sálvora, mais empopada, pero con vento algo mais forte; coser rizo e continuar, ata virar Cabicastro - xa estamos na casa-

Coma sempre, outra experiencia moi dificil de esquecer.

___________________________________________________________________________________

 

Gran participación na II Regata do Sepelo...
16/06/09

Un total de 29 dornas aparelladas a vela participaron na segunda edición da Regata do Sepelo que organizamos os Amigos da Dorna de Portonovo. Desta volta había dornas en representación das rías de Arousa, Pontevedra e Vigo, xa que asistiron os compañeiros da Larpeira dende Moaña, ademais dos habituais da Illa de Arousa, Ogrobe, Cambados, Vilanova e coma non, de Portonovo.

Nesta edición o vento soplou con mais alegría co ano pasado, do oeste suave e co mar totalmente calmo. Anque houbo un retraso considerado na saida por mor de outras "actividades náuticas" no mar, un total de vintedúas dornas completaron o percorrido de dúas voltas a un triángulo na riberia de Portonovo.

Logo dun par de horas comezaron a chegar á punta do muelle, onde estaba situada a meta as dornas "con mais presa" encabezadas pola Jalerna, seguida da Nécora e a Larpeira, que se colou no medio do dominio dos da Illa de Arousa completando desta maneira o podium da regata. En cuarto posto entrou a Bazarra, seguida da Cariñosa e a Fuxe, primeira dorna dos da Dorna Meca. Seguiron entrando a Rona, a Forza R, a Rosalía con gran ledicia para a tripulación mais nova. De décimos na Triñana, e facendo historia, Mojaduras e o primeiro tripulante "Afro-Meco" da navegación tradicional do Grobe. Complétanse así as dez primeiras posicións da regata.

Con menos velocidade, pero non con menos presa, foron chegando a Caracola, a Mimela, a Freixana, a Marijuana, a Petela, a Maristela, a Zenaida, a Bandalla, a Bicoca, primeira en entrar da nosa asociación, a Segunda Dorita, metendo presión aos anteriores a uns metros da meta, a Estela, a Coninha e a Laberka, todos eles dignos e merecedores por rematar a regata.

Os non menos valentes, ainda que non completaran a regata son a Siña María, a Semparada, a Nerea, a Fanequeira e a Paxara, de Pelouro, que só sae ao mar en ocasións tan especiais coma esta. Fora do concurso, a Jatiña tamén navegou entre os regatistas completando a totalidade do recorrido.

Sen dúbida temos que agradecerlle a tódolos participantes que asistiron á regata, que foron os auténticos protagonistas, pero tampouco nos esquecemos dos que apoian a actividade patrocinando na medida do posible, e sobre todo, agradecer aos currantes, dende o que fai as tortillas ata o que saca as fotos, que coma sempre, dende o anónimato, son os constructores disto. GRACIÑAS A TODOS.

En definitiva, outra gran actividade que levamos a cabo na nosa vila pra dar a coñecer o noso patrimonio ao resto de mortais. Contamos con repetila; coma sempre, mais e mellor. Ata o ano!!

Algunhas Fotos >>>

___________________________________________________________________________________

Volven as dornas a Portonovo...
09/06/09

Este ano volve unha nova edición da Regata do Sepelo de dornas a vela a Portonovo

O vindeiro sábado 13 de xuño Portonovo encherase de velas ao tercio das dornas máis rápidas do mundo. Coma o ano pasado, será a delícia de todo visitante ver na Ría de Pontevedra mais de vintecinco embarcacións aparelladas a vela como antano, e Portonovo revivirá o seu pasado mariñeiro anque sexa por un día.

O percorrido da regata será de dúas voltas a un triángulo situado na riberia de Portonovo, partindo dende a punta do muelle cara o Seame, virando cara o Morrazán e de volta ao muelle. Esperemos que o mal tempo que hai estes días mellore e que haxa "jasolina" suficiente para as velas.

Anque estas dornas non van chegar de peixe "a plan", o resultado da regata "subhastarase" na lonxa coa correspondente entrega de premios e, coma non podía ser doutra maneira, cunha boa papadela pra recobrar as forzas gastadas nas maniobras.

Esperámosvos en Portonovo este sábado!!


___________________________________________________________________________________

 

Os Amigos da Dorna estivemos na Festa dos Maios ...
03/05/09 - Por Ana Leiro

Na tórrida tarde do 3 de maio do 2009, Pelouro e máis eu achegámonos até a praza do Campo de San Roque co fin de apoiar os membros da AA.VV. San Cristóbal, de Portonovo, os cales non sen pouco esforzo, organizaron o Concurso de Maios de Portonovo.

Pasado o pequeno susto pola caída dun dos Maios por mor de vento, e tras capear algunhas diferencias entre parte do público e membros do Xurado, comezou a festa.

Houbo verdadeira Ledicia entre as auténticas estrelas da tarde: OS NENOS que volcándose de cheo, foron quen de crear verdadeiras obras de arte, tanto literarias coas historias, coma arquitectónicas cos Maios maxistralmente engalanados.

Logo da entrega de agasallos relaxámonos degustando un sabroso chocolate, que veu moi ben para repoñer forzas dos nenos e non tan nenos que alí nos atopábamos nesta enxebre xornada.

É de salientar o grande esforzo que a AA.VV. está levando a cabo na procura da salvación e non extinción das nosas festas populares. Dende aquí vos alentamos a que non deixedes de participar axudando no que poidades, para que estas festas manteñan os folgos e non recaigan -Non todo van ser barcos-

___________________________________________________________________________________

 

Pois este ano morreu de fame...
27/02/09

Sí, este ano a nosa sardiña, que levaba cara de Obama, morreu de fame esperando na cola do paro, ala entre o Centulo e Faxilda, tal e como rezaba na esquela, que este ano non quedou exenta de polémica, xa que seica houbo xente que se sinteu ofendida e indignada polo que nela poñía. Sentimos profundamente que haxa xente que nin en carnaval lle salte a chispa esperpéntica nin do bo humor.

Polo demais, decir que todo trancurriu con absoluta precisión e programación, asistindo unha gran cantidade de veciños de Portonovo, das parroquias dos arredores, e inclusive de Sanxenxo (que na esquela, con total recochineo, sen ánimo de ofender e moito menos de excluílos, non estaban convidados).

Ás 20:30 saíase puntualmente dende o recinto do Colexio para realizar o tradicional acompañamento da finadiña polas rúas do pobo, con paradas nos lugares de costume, onde se leu un sermón repasando os temas de actualidade en varios idiomas (por iso do bilingüismo e tal...). Coma sempre, a difunta acabou asada á brasa no muelle para logo comezar unha gran festa-funeral na carpa, con picoteo incluído a base de churrasco, criollos, mexilóns, cachelos, empanada, viño e refrescos; e todo de balde. Convocamos un novo concurso de "Miss Viuva" onde houbo unha gran participación, incluso estamos pensando en facer unha edición masculina (por aplicar a lei de igualdade...a xente comeza a queixarse). Rematamos a festa co sorteo do tradicional "Cocido para 15 Persoas" que desta volta foi parar a mans de D. José, o mellor taberneiro que ten o Bar Baiuca.

En definitiva, outra gran edición do Enterro da Sardiña, que volveu contar co apoio económico e material do Concello de Sanxenxo e da Cofradía de Pescadores de Portonovo, e que sobre todo, se puido levar a cabo gracias a tódalas persoas, que voluntaria e desinteresadamente, se persoaron para colaborar no evento. Tampouco nos queremos esquecer de agradecerlle ás empresas que aparcan o seu interés comercial (mais nestes tempos que corren) e colaboran tamén no evento. A todos eles, MOITÍSIMAS GRACIAS!!!

O vindeiro ano, esperamos que mais e mellor.

___________________________________________________________________________________

Este ano velveu morrer a sardiña... ¿de qué?
11/02/09

Un ano mais, a maquinaria da Asociación está a traballar na organización do Enterro da Sardiña. O vindeiro "Mércores de Cinza" (25 de Febreiro) a nosa finadiña recorerá as principais rúas de Portonovo pra rematar ardendo no Peirao. Coma de costume, a sardiña irá vestida de gala e de "actualidade" e farase un repaso na procesión, do acontecido nestes tempos de economía tan revolta nos que vivimos.

O velatorio, coma sempre, será no Colexio a partires das 19:45 da tarde, pra sair ás 20:30 a procesión. Contamos con que ás 21:30 esteamos queimando á finada para pouco despois desfrutar da tradicional papatoria a base de churrascos, patatas, mexilóns e filloas, acompañado todo do mellor viño da bisbarra. Cando teñamos o papo cheo, concurso de Miss Viuva 2009, con premios ós tres mellores lutos. E para rematar, sorteo do "Gran Lote de Productos para un Magnífico Cocido para 15 Persoas de bo comer".

___________________________________________________________________________________


Ábrese a veda en busca da mellor fotografía...
7/02/09

Por primeira vez convócase un concurso fotográfico pra recoller fotografías sobre as actividades nas que participa a nosa Asociación e sobre a cultura marítima en xeral. As imaxes formarán parte da próxima edición do Cabeso, e a foto gañadora sairá en portada. Mais información pinchando aquí.

___________________________________________________________________________________

Novo ano, nova Xunta Directiva...
31/12/08

Da última Asamblea de socios cerebrada o 28 de decembro, saleu elexida unha nova Xunta Directiva formada por Lidia, Yenny, Turtle, Lucho e Anxo, e que levarán "a caña" da nosa Asociación por un período de dous anos. Por diante, os obxetivos irrenunciables de conseguir un local para a asociación e ver o Platuxa navegar de forma totalmente "legal", ademais de seguir coa organización do Enterro da Sardiña, a Festa da Raia, a Regata do Sepelo, o Cabeso e o que se poña por diante seguindo coa nosa labor cultural.

___________________________________________________________________________________

novas do ano 2008


© AMIGOS DA DORNA DE PORTONOVO
correo@amigosdadorna.org
Rúa Ramón Valenzuela nº 6
36970 Portonovo - PO