Renovación da Xunta Directiva...
19/11/08
Logo de dous anos dirixindo a Asociación, e tal como indican os Estatutos, na vindeira Asamblea Xeral que se cerebrará o día 28 de Decembro de 2008 DEBERASE ELEXIR UNHA NOVA XUNTA DIRECTIVA.
As persoas que queiran formar parte da nova Xunta Directiva que se vaian postulando aos directivos actuais e demais socios, para ter claro, no día da Asamblea, quenes son @s candidat@s para estar levando a Asociación nos próximos dous anos.
A nova Xunta Directiva será aprobada, no seu caso, pola Asamblea Xeral de socios.
___________________________________________________________________________________

Acabouse o verán ...
22/09/08
Como mencionamos na anterior actualización, o tempo pasa voando. Logo de rematar oficialmente o verán dámonos conta de que o tempo a nos, en todo caso, nos pasa navegando.
A principios do mes de agosto indicábamos que aínda quedaban regatas por diante -a de Pedras Negras e dúas a cerebrar no Grobe, pra pecha-la tempada-. Facíamos tamén un comentario por mor das concentracións que estaban por vir. Pois ven, as concentracións xa van alá, e podémosvos dicir que, coma sempre, vale a pena asistir.
Comenzamos coa concentración de Bueu o día 16 de Agosto, a onde asistimos coa Bicoca e tamén nos esperaba alí a Surfeira con Manolo e Loli. Coma o día 15 había a I Regata de Dornas en San Vicente do Mar (lease Pedras Negras), pois partimos dende alí o venres, facendo noite "obrigada" en Ons, pra coller rumbo pra Bueu á mañá seguinte logo dunha noite de "tempestade" en tódolos sentidos, pois choveu e ventou todo o que quixo, e mais...
O seguinte fin de semana, tiramos pra Combarro, a outra edición mais da Festa do Mar, desta volta coa Coninha e coa Jatiña (A Surfeira xa estaba alí), as dúas destacadas nesta concentración, xa que na tradicional convocatoria da Regata da Pamplina, a Coninha venceu a remos e a Jatiña fixo unha moi boa regata a vela.
Xa no mes de Setembro, o día 5 comezou a Xuntanza de Bouzas. Tíñamos pensado asistir coa Jatiña por mar pero non puido ser, xa que o día anterior houbo un pouco de temporal e a cousa non estaba pra andar a arriscar. De tódolos xeitos tiramos por terra coa Bicoca, e coma non podía ser doutro xeito, o noso Manolo xa estaba alí coa Surfeira amarrada ao pantalán.
De todas estas aventuras podedes ver algunhas fotos no noso álbume .
Xa vedes que non nos da tempo a nada (jejeje) no verán. En fín, que o aproveitamos como pudemos dándolle a volta a Illa, indonos a Brest, correndo pra aparella-la dorna antes cos demais no Bao, facendo travesías pra chegar a Bueu a cantar Grándola Vila Morena con Uxío e mais Luís, analizando as letras de Rosendo (que razón ten...) na Festa do Mar de Combarro, e ata coller a autopista a Vigo pra pasar unha noite no chan, que valeu a pena gracias a Braulio e os seus...
O final do verán chegou, pero ainda quedan algunhas regatas e moitos fins de semana bos pra sair a navegar pola ría. Ánimo!!
___________________________________________________________________________________

No medio do verán...
5/06/08
Pasóusenos o mes de Xullo voando entre Brest e regatas...esquecéusenos actualizar isto.
Da nosa visita á Bretaña, pois podedes imaxinarvos á magnitude do tinglado. Coqui, Chapela, Telmo e Anxo, sempre ben acompañados por Paco Paxaro (A Reiboa) que tamén formou parte da tripulación da Jatiña, pasamos alí unha semana digna de todo navegante. Dende o primeiro ata o último día navegando coa Jatiña, espléndida coma sempre. Imaxinádevos, embarcacións de todo tipo xuntas, grandes, pequenas, enanas e xigantes; é o mais notable da nosa visita, alí todo tiña o mesmo grado de mérito, simplemente por estar alí, por participar alí xunto con outras xentes de todo o mundo que nunca se olvidaran daquela Dorna de Galicia, ao igual que nos non esqueceremos aos Malgaches, Croatas, Noruegos, Vietnamitas, Bretóns... e un longo etcétera. E por suposto, tampouco se nos van esquecer os momentos que pasamos con compañeiras coma Loli e Montse do grupo Leilía, Mila e Marta da Xunta, que tamen formaron parte da tripulación da Jatiña neses días. Moitas son as imaxes que quedan no recordo, outras fican en fotografías pero dende logo, non hai maneira de reflexar os bos momentos que pasamos con outras xentes que, se cadra, foi o mellor da Festa. Podedes ver algunhas fotos no noso álbume .
Logo de deixar Brest, a vida sigue. Unha semana despois xa estábamos "a ello" na Regata dos Faros no Grobe. Pra alá fumos coa Bicoca facendo un décimosegundo posto nunha tarde de bó vento mareiro e collendo folgos para seguir co que queda de verán, que non é pouco.
Un sábado despois, a Regata do Bao na Illa de Arousa volveu contar coa Bicoca e co inigualable Pelouro á proa. Xuntámonos unhas corenta e pico dornas varadas na praia esperando que deran a saída pra bulir correndo e aparellalas dornas. Non sabemos con exactitude o posto, pero especulamos que de vintetantos.
E a partir de agora... mais regatas, coma sempre, anque tamén chega o fuerte da temporada: AS CONCENTRACIÓNS. O vindeiro día 15 comeza a de Bueu, seguido da Festa do Mar de Combarro o día 22, Vilaxoán o día 30, e pra rematar o día 5 de Setembro Concentración en Bouzas.... case nada!!!
Xa sabedes, se gustades do mar e da súa cultura, aquí estamos.
___________________________________________________________________________________

Rumbo a Brest...
7/07/08
A nosa Jatiña xa está rumbo a Brest. O venres 3 de xullo cargámola no camión que a levará para a Bretaña, xunto coa Meca.
Logo dunha tarde de tempo bastante duro e con moito traballo no muelle de Tragove en Cambados, quedaron cargados varios camións cheos de dornas, bote de carril, catraia, gamela, barco de dornas... co que nos imos xuntar en Brest con vintecatro embarcacións representando a tódalas tipoloxías galegas.
Tamén chega a nova dende a Bretaña anunciando que o Hidria, o vapor do Grobe, xa está en porto. Tivo unha travesía algo "peluda" con ventos bastante fortes de popa que fixo que alcanzara boas velocidades. Alí están esperando..
Nos, imos preparando as maletas e as cousas de última hora para a viaxe.
___________________________________________________________________________________
XXIV Volta á Illa ...
29/06/08
O día 28 de Xuño cerebrouse unha nova edición da Volta á Illa, e xa van vintecatro... Os Amigos da Dorna de Portonovo participamos este ano con dúas dornas: a Bicoca e maila Coninha, quedando nos postos vintecatro e corenta respectivamente.
Desta volta presentouse un día bastante bo, cunha lixeira brisa ás catro da tarde (hora da saída) refrescando un pouco o vento unha vez que as dornas xa se achegaban á meta na escola da Asociación Cultural Dorna.
Participaron na regata preto de cincuenta dornas que, coma de costume, fan desta regata a máis importante do calendario, xa non só polo elevado número de participantes, senón polo percorrido inigualable das dornas.
Coa volta á Illa faise unha paréntese no calendario de regatas (motivado pola asistencia a Brest) ata que o póximo 26 de Xullo nos xuntemos de novo pra participar na XXII Regata dos Faros no Grobe...
___________________________________________________________________________________

I Regata do Sepelo de Dornas a vela...
23/06/08
O pasado sábado cerebrouse en augas de Portonono a I Regata do Sepelo, que contou con unha participación de 24 dornas chegadas dende a Illa de Arousa, Ogrobe e Portonovo.
Logo dunha mañá escasa de vento, cando parecía que se ía levantar unha brisa chegou a brétema e o vento caeu, polo que os participantes tiveron que armarse de paciencia pra completar as dúas voltas programadas con balizas en frente da praia de Silgar, na Punta do Seame e no Cabeso do Medio.
Logo de dúas horas de regata, foron só doce as dornas que tiveron a tranquilidade necesaria pra rematar o circuito, encabezadas pola NÉCORA en primeira posición, seguida pola MIMELA e a JALERNA, que completaron o podio e leváronse os tres trofeos para a Asociación Cultural Dorna da Illa de Arousa. Podedes ver algunahs fotos no noso álbume .
É moita a xente á que hai que agradecerlle a súa colaboración; dende empresas patrocinadoras, concello e cofradía ata o capital humano que se quixo involucrar no evento. Pero dende logo, a organización quere reconocerlle aos participantes a súa disposición pra desplazarse por terra ata Portonovo e agradecer a súa asistencia a esta regata, que logo dunha convocatoria excepcional, os Amigos da Dorna de Portonovo nos vemos obrigados a repetir. Así que, compañeiras e compañeiros, esperámosvos o ano próximo nunha nova edición da Regata do Sepelo.
De todos modos, a historia só acaba de empezar, xa que ao longo deste verán seguimos coas nosas actividades habituais desta época: regatas, concentracións... BREST!!! A próxima cita, a XXIV Volta á Illa.
Saúde, bo vento e MOITISIMAS GRACIAS!!!
___________________________________________________________________________________
I Regata do Sepelo de Dornas a vela...
4/06/08
|
O vindeiro 21 de Xuño vaise cerebrar en augas de Portonovo a I Regata do Sepelo de Dornas a vela. Esta competición forma parte do circuito de regatas de dornas a vela promovida pola Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial, sendo eésta a primeira vez que se organiza un evento destas características en Portonovo. Dende a nosa asociación contamos con asentar os cimentos para volver a organizar a segunda edición o próximo ano e consolidala no calendario de regatas.
Xa sabedes, o sábado 21 de Xuño, todos a Portonovo a participar na I Regata do Sepelo!!!
|
___________________________________________________________________________________

Amigos da Dorna de Portonovo en Brest...
4/06/08
Unha vez mais, a Jatiña vaise desprazar ata a vila Bretona de Brest para participar na Festa marítima mais importante a nivel internacional. Desta volta, imos formando parte dunha expedición oficial xunto a outras asociacións, e patrocinados pola Xunta de Galicia. Podedes informarvos con mais detalles de como vai ser a historia pinchando no enlace da imaxe...
___________________________________________________________________________________
Varada das nosas embarcacións...
2/06/08
Coma tódolos anos, hai que procurarlle o mellor mantemento ás nosas embarcacións. Esperando a que veña o bo tempo pra rematar os traballos no Platuxa, que leva xa quince días na explanada coas tarefas habituais (ademáis de preparalo para a SEXTA LISTA que nos concederon), agora só falta rematar os traballos e pasar a correspondente inspección.
Este último fin de semana de Maio fumos de excursión ata Aguiño en busca da Jatiña, que xa estaba reparada despois de sufrir unha avería no pantalán nunha noite de temporal. Estes días estamos a propinarlle unha boa malleira de chapapote pra que colla bo color e marchar pra Brest con un aspecto inmellorable. Cheirará un pouco pero "juapa" vai estar un cacho...
E a Bicoca, pois xa está no mar saudosa de regatas. Este sábado 7 de Xuño poñemos rumbo para A Illa de Arousa, onde se vai cerebrar a IV Regata a Fasquía. A ver como vaia a faena, xa vos contaremos....
___________________________________________________________________________________
Festa da Raia en Portonovo...
Unha vez mais, participamos na Festa da Raia de Portonovo co departamendo de Amigos da Dorna no que se podían observar unha serie de cadros didácticos sobre a cultura marítima. A exposición, cedida por Oswaldo (Asociación Sodináutica) dalle un repaso á historia da Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial a través de fotos e textos explicativos.
Este ano parece que a Festa da Raia recuperou o seu carácter gastronómico ao volver dar papatorias na carpa, sendo as visitas mais numerosas que estes dous anos pasados. Esperemos que a Festa siga nesta liña de melloría para próximos anos.