Novo número de O Cabeso...
02/01/11
Xa veu a luz o Cabeso nº 9, que coma sempre, foi publicado o día 28 de Decembro coincidindo coa habitual asamblea.
Este novo número ábrese cunha bonita foto, feita por Jandro, na que saen as nosas dornas navegando. Nos contidos, coma sempre, comezan cunha editorial onde se trata o presente mailo futuro da Asociación dando un pequeno toque de atención para que os socios se involucren nos traballos previos a encontros e demais festas. Nas páxinas centrais fálase do resultado da organización da III Regata do Sepelo, seguido dun resumo dos encontros e concentracións do ano, un artigo sobre as dornas de tope informamdo que contamos con unha dorna deste tipo para restaurar, e remata este número co anuncio de que buscamos un novo rumbo para o Platuxa, e asegurar así o seu futuro e mailo futuro da Asociación.
Pódese conseguir en papel na nosa sede no bar Baiuca, en calqueira dos establecementos colaboradores e ademais pódese descargar directamente da web en formato .pdf premendo na seguinte imaxe.