Feita na Carpintería de Ribeira de Domingo Ayaso en Aguiño no ano 1998. Foi a primeira dorna coa que se fixo a Asociación e polo tanto o noso buque " insignia " alá a onde nos desprazamos, contando cunhas cantas millas de mar a bordo e non poucos quilómetros de carretera á popa.
Dende a súa botadura non deixou de participar nos diferentes Encontros, sendo o primeiro o de Rianxo, logo Combarro, Illa de Arousa, Cambados, Ferrol; tamén participando en case que tódalas concentracións das Rias Baixas, varias visitas a Brest (este ano tamén irá), a Vila do Conde, e algún porto que de seguro nos queda atrás.
Logo de dez anos de singladuras, de mantementos e algunha reparación, o día 11 de Marzo do 2008, foi víctima da marexada que entrou en Portonovo e deberá volver á carpintería que a viu nacer pra facerlle unha reparación bastante seria. Nada que non teña solución, pero daba pena vela nosa "dornasa" vencida polo mar, rendida co pau abaixo, e chea de auga. Ferida pero non morta. Longa vida a Jatiña!!
>visitar álbume de fotos