Benvidos navegantes a ista novidosa singladura na compaña dos Amigos da Dorna de Portonovo.
Nos anos despois de izares velas por primeira vez nas augas da nosa ribeira, poñemos á vosa disposición a posibilidade de navegalas connosco sen mais necesidade ca pericia coa que o patrón manexa o seu "rato".
Din da maxia de navegar que semrpe estivo suxeita a quenes, dende lonxanos tempos, buscaron novas fronteiras, ou cecais, o fin das fronteiras das súas propias experiencias. Hoxe, o dixitalizado mundo permítenos achegarvos as inquedanzas da nosa Asociación ata a pantalla do voso ordenador. Queremosvos presentar pois, a primeira singladura virtual dos Amigos da Dorna de Portonovo coma un lugar aberto, onde medrar coas vosas opinións, onde atopar tódala información relacionada coas actividades que levamos a cabo ao longo do ano e con todo aquelo canto surque as augas do noso día a día.
Un saúdo e bo navegar!!