asociación inicio
asociación novas
asociación asociación
asociación embarcacións
asociación actividades
asociación o cabeso
asociación álbume de fotos
asociación videos
asociación ligazóns
asociación libro de visitas

A BICOCA...

A mais nova da Asociación é unha dorna construida polos "Monchos" da Illa de Arousa para sortear nos VII Encontros de Embarcacións Tradicionais de Galicia que se cerebraron en Cambados no ano 2005. Solo por sorte, pois tocounos a nós. O nome desta dorna polbeira estaba claro, non podía ser outro que BICOCA, facendo gala da súa orixe; e o seu uso tamén -aproveitando que era nova e lixeiriña- participar no circuito de regatas que organizan algunhas das Asociacións que, coma nos, forman parte da Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial.

Logo de poñela a punto, xa que estaba en madeira viva e sen aparellar, botouse ao mar por primeira vez o día 18 de Agosto de 2006, día do Can en Portonovo, sendo a súa primeira travesía a de cruzar a ría para asisitir á concentración que os Galos organizaron ese ano en Bueu.

Dende o día da súa bota abaixo, a Bicoca participou nunha chea de regatas e concentracións con todo tipos de resultados, todos eles dignos e merecidos, por suposto.  

 A Asociación ten que agradecerlle á Taberna A Batea, de Portonovo, a súa colaboración á hora de aparellar a Bicoca cunha vela acorde coa categoría desta rápida dorna.

 

>visitar álbume de fotos

 

DATOS TÉCNICOS
NOME FOLIO ANO DE CONSTRUCCIÓN
 BICOCA 7ª VI-1-25-06 2005
MATERIAL DO CASCO ASTELEIRO
 MADEIRA MONCHOS - ILLA DE AROUSA
ESLORA MANGA PUNTAL ARQUEO TRIPULANTES NAVEGACIÓN
 4,65 1,71 0,69      

 


© AMIGOS DA DORNA DE PORTONOVO
amigosdadorna@hotmail.com
Rúa Ramón Valenzuela nº 6
36970 Portonovo - PO