asociación inicio
asociación novas
asociación asociación
asociación embarcacións
asociación actividades
asociación o cabeso
asociación álbume de fotos
asociación videos
asociación ligazóns
asociación libro de visitas



Amigos da Dorna de Portonovo nace coma unha Asociación para a conservación do patrimonio mariñeiro da ría de Pontevedra como indican os seus Estatutos de Febreiro de 1998 -ano no que se legalizou formalmente- anque naceu como tal o 28 de Decembro de 1997, data na que se cerebrou a primeira reunión convocada por un grupo de compañeiros de Portonovo que, compartindo as mesmas inquedanzas sobre a cultura dun pobo tradicionalmente mariñeiro, deciden formar un grupo para protexer, recuperar e divulgar unha cultura marítima que se vai perdendo por mor dunha economía que pouco a pouco abandona o mar e se vai centrando no turismo.

Alá dende a data da primeira reunión a finais do ano 97 comezouse a divulgar a nosa actividade á vez que íamos aumentando en número de socios e mantendo contactos con outras asociacións similares de outras vilas. Logo viron os obxetivos marcados: obter unha sede, facerse cunha embarcación e organizar algún que outro evento.

A día de hoxe a sede da Asociación é o Bar Baiuca, que se ofreceu amablemente e cumprindo notablemente; tamén é propietaria de tres embarcacións, a Jatiña -dorna xeiteira e "buque insignia" da asociación-, o Platuxa -lancha a motor dos anos 70 e safada do desguace-, e maila Bicoca -dorna polbeira coa que asistimos ás regatas-; e en canto a eventos, xa van alá as dúas primeiras Travesias de San Roque, varias exposicións, unhas cantas Festas da Raia, e outras tantas organizando o Enterro da Sardiña do pobo, quedando reflexadas todas estas actividades nas diferentes edicións do Cabeso, voceiro co que Amigos da Dorna de Portonovo intenta divulgar a cultura mariñeira de cara á xente cercana e állea á Asociación por igual.

Logo de dez anos de actividade, a Asociación, ademais do habitual, está traballando para conseguir unha sede para almacenar material das nosas embarcacións e os diferentes libros e documentos que se xeran simplemente polo densenrolo destas actividades. Tamén está xestionando o cambio de lista do Platuxa para poder usalo como embarcación de lecer. Dúas tarefas pendentes, difíciles, pero alcanzables...

 


© AMIGOS DA DORNA DE PORTONOVO
amigosdadorna@hotmail.com
Rúa Ramón Valenzuela nº 6
36970 Portonovo - PO