asociación inicio
asociación novas
asociación asociación
asociación embarcacións
asociación actividades
asociación o cabeso
asociación álbume de fotos
asociación videos
asociación ligazóns
asociación libro de visitas



Dende a súa creación, a nosa Asociación é membro da Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial, formada por asociacións do mesmo eido ca nosa. Esta Federación, en colaboración con diversas asociacións ven cerebrando dende 1993 e cada bienio os Encontros de Embarcacións Tradicionais de Galicia por diferentes portos da xeografía galega. Levamos asisitindo coma asociación a estes eventos dende que no ano 99 se convocara na vila de Rianxo. Volvemos dous anos mais tarde a Combarro, logo á Illa de Arousa, Cambados e finalmente no ano 2007 arribamos a Ferrol.

Tamén se leva asisitindo ás concentracións Internacionais de Douarnenez e de Brest, na Bretaña francesa, grandes festas da tradición mariñeira reconocidas a nivel mundial. Este ano 2008 vólvense repetir a convocatoria, pero desta vez parece que vai ser unha representación oficial, sendo Galicia invitada de honra e contado co pleno apoio da Xunta de Galicia.

Outras moitas concentracións que se convocan ao longo das nosas rías, coma a de Bouzas en Vigo, en Meira, Bueu, Combarro, Vilanova...ás que tamén asisitimos, e sin esquecernos dos nosos compañeiros do norte de Portugal, a onde nos desprazamos tamén a diversas concentracións que se organizan en Vila do Conde, Viana do Castelo, Aveiro...

O circuito de regatas que organiza a Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial en conxunto coas asociacións participantes tamén conta coa nosa presencia dende fai uns anos, acadando postos bastante satisfactorios.

Hai que mencionar tamén o Enterro da Sardiña que ano tras ano vimos organizando na nosa Vila, así como a cachada de San Xoán.

Todas estas actividades reflexámolas a través de O CABESO, que cumpre as funcións de voceiro da asociación para transmitir todas estas actividades coas que a nosa Asociación pretende frenar o olvido, recuperar o noso patrimonio e divulgalo ao resto da sociedade. 

As actividades previstas pola asociación para este ano móstrase de seguido.

Datas Actividades
13 de Febreiro Enterro da Sardiña en Portonovo
1 a 4 de Maio Festa da Raia en Portonovo
17 de Maio Día das letras na Illa de Arousa
23 de Maio XIV Feria del Pescado en Bermeo
7 de Xuño IV Regata Fasquía na Illa de Arousa
20 de Xuño II Encontro de Embarcações Tradicionais de Viana do Castelo
20 de Xuño IV Encontro de Embarcações Tradicionais de Vila do Conde
21 de Xuño I Regata do Sepelo en Portonovo
28 de Xuño XXIV Volta á Illa de Arousa
3 de Xullo II Festa de la Mar.L'Ametlla de Mar
11-17 de Xullo Brest 2008. Fète Maritime Internationale
19 de Xullo VI Regata de Embarcacións Tradicionais Porto de Redes
26 de Xullo Festa do Río en Monforte
26 de Xullo XII Regata dos Faros no Grove
2 de Agosto XX Regata do Bao na Illa de Arousa
9 de Agosto Xuntanza de Embarcacións Tradicionais de Meira, Moaña
9 de Agosto IX Regata do Albariño en Cambados
22 de Agosto Festa do Mar en Combarro
22 de Agosto XII Encontro de Embarcacións Tradicionais de Bueu
23 de Agosto II Regata Calmoseira
30 de Agosto Regata e Xuntanza en Vilaxoán
5 de Setembro Xuntanza de Embarcacións Tradicionais Vila de Bouzas
11 de Outubro Regata do Marisco

 


© AMIGOS DA DORNA DE PORTONOVO
amigosdadorna@hotmail.com
Rúa Ramón Valenzuela nº 6
36970 Portonovo - PO